depredador -ra
depredador -ra
(< lat depredātōre)
-
adx
Que depreda.
Ex: A conquista de territorios por parte de países depredadores foi un feito habitual na antigüidade.
-
adx e s
m
[ECOL]
Aplícase ao animal que persegue, captura e mata a outro, a presa, para obter alimento. Xeralmente é de maior tamaño ca a súa presa, xa que un aumento do tamaño implica maior protección fronte a outros organismos.
Ex: Os bosques están cheos de depredadores nocturnos.
Sinónimos: predador.