Dermocybe
Dermocybe
[FUNGO]
Xénero de fungos, de cogomelos de sombreiro plano ou convexo, que presentan un pé cun anel a xeito de cortina e láminas na madureza de cor amarela ou alaranxada. En Galicia están presentes as especies D. anthracina, D. aureifolia, D. cinnabarina, D. cinnamomea, D. cinnamomeobadia, D. cinnamomeolutea, D. crocea, D. croceifolia, D. malicoria, D. sanguinea, D. semisanguinea e D. uliginosa.