Derris

Derris
[BOT]

Xénero de plantas gabeadoras, da familia das fabáceas, empregadas de xeito tradicional no centro e sur de América para obter un extracto, a rotenona, que, pola súa toxicidade, se vertía nos ríos para aparvar e capturar os peixes. Este mesmo principio emprégase como insecticida, especialmente cando se escolle fronte a pesticidas sintéticos. O consumo, por parte do home, de produtos tratados coa rotenona pode provocar problemas nerviosos.

Palabras veciñas

derribar | derrick* | Derrida, Jacques | Derris | derrocamento | derrocar | derrogable