desacentuación

desacentuación

(< desacentuar)

  1. Antónimos: acentuar.
    1. s f

      Acción e efecto de desacentuar.

      Antónimos: acentuar.
    2. desacentuación rítmica [LIT]

      Fenómeno métrico que consiste na supresión do acento que lle corresponde a unha palabra para adecuala ao ritmo imposto na composición.

  2. s f [TECNOL]

    Operación inversa á da preacentuación, mediante a que se restitúe a forma orixinal do espectro transmitido. Efectúase no receptor e é moi frecuente en FM.

Palabras veciñas

desaceleración | desacelerador -ra | desacelerar | desacentuación | desacentuar | desacertado -da | desacerto