desafío
(< desafiar)
-
s
m
Acción de desafiar.
Ex: O desafío consistía nunha carreira de coches polo medio do monte. Era un desafío para ela converterse nunha grande atleta.
-
s
m
[HIST]
Na Alta Idade Media, parte do proceso xudicial dun preito entre nobres ou cabaleiros anterior ao duelo e posterior ao reto. Foi unha institución de dereito xermánico vixente nas cortes de Castela e de León ata a Baixa Idade Media. Menciónase no foro de Medinaceli e foi regulado en Navarra por unha lei do Rei Sancho IV (1192). Segundo o dereito xermánico, o ofendido retaba o ofensor diante da curia regia cun desafío e declaraba inimiga a outra parte, como paso previo ao duelo xudicial. O desafiador estaba obrigado a aceptar os fiadores do ofendido que responderían de que este se presentase no duelo. No caso de o rexeitar, o desafiado podía darlle morte. Existía unha distinción entre clases, pois os fillosdalgos non podían ser desafiados polos viláns, pero si á inversa.
-
s
m
[MÚS]
Disputa musical, a base de coplas, entre dúas persoas.