desasfaltado
desasfaltado
(
s
m
[IND]
Operación de desasfaltar a fracción residual da destilación de petróleo que se leva a cabo no refinamento. O residuo da destilación ponse en contacto cun solvente a contracorrente nunha columna de entre 30 e 60 °C, e a unha presión de 3 a 4 MPa. Os produtos da cima, aceite e solvente, e do fondo, asfalto e solvente, da columna sepáranse, e o solvente volve ao proceso.