descargo

descargo

(< descargar)

  1. s m

    Acción e efecto de aliviar ou descargar.

    Ex: Confésao todo, aínda que só sexa por descargo da túa conciencia.

  2. s m

    Cousa coa que alguén se descarga ou libera de algo.

    Ex: En descargo seu dixo que se arrepentira do crime.

  3. s m [DER]

    Acción e efecto de contradicir unha acusación para demostrar a propia inocencia.

  4. escrito/prego de descargo [ADM]

    Escrito que efectúa un inculpado como resposta ao prego de cargo dun expediente administrativo sancionador, rexeitando as acusacións vertidas e achegando argumentos que amosen a súa inocencia.

  5. testemuña de descargo [DER]

    Persoa que declara a prol do acusado.

  6. testemuño de descargo [DER]

    Relación que fai unha persoa dos feitos de que ten coñecemento e que se alegan a prol do procesado.