Deschampsia

Deschampsia
[PLANTA]

Xénero de herbáceas perennes, da familia das poáceas, de inflorescencia en panícula, con espículas comprimidas de dúas flores hermafroditas, glumas da mesma lonxitude ca as espículas e unha aresta dorsal recta. En Galicia están presentes as especies: D. cespitosa, en lugares herbosos; D. flexousa, en uceiras e claros de bosques; D. media, en lameiros e bancais de ríos do noroeste do país; e D. setacea en uceiras húmidas e turbeiras do noreste do país.