descodificador -ra
(
-
adx e s
Que ou quen descodifica.
-
s
m
[TECNOL]
Dispositivo que se conecta a un televisor para poder ter acceso ás transmisións dunha determinada emisora ou canal, a uns programas ou servicios concretos.
-
s
m
[INFORM]
Dispositivo que activa a saída que corresponde ao código presente na súa entrada. Os descodificadores excitadores empréganse para acender indicadores numéricos ou alfanuméricos.
-
s
m
[TECNOL]
Dispositivo que se emprega nos receptores e sintonizadores de FM para a audición de programas estereofónicos. Restitúe os dous canais a partir do sinal único de audiotransmisión, que no caso destes programas se codifica coa información dos canais dereita e esquerda.
-
descodificador de cor
[TECNOL]
Nun receptor de televisión en cor, circuíto que, a partir do sinal do vídeo, obtén os tres sinais correspondentes ás tres cores primarias que deben excitar os tres canóns de electróns do tubo de imaxe.