desde

desde

(

  1. prep

    Introduce o punto de partida ou a orixe dunha acción no espazo ou no tempo.

    Ex: Desde aquel día non o volvemos ver. Veño andando desde Redondela. OBS: Cando a orixe é temporal, o termo da preposición pode ser unha cláusula introducida por que. Ex: Desde que marchou o ano pasado, non sei nada del.

    Sinónimos: dende.
  2. prep

    Indica o lugar a partir do que se localiza algunha cousa.

    Ex: Desde este outeiro vexo a túa casa.

    Sinónimos: dende.
  3. prep

    Sinala os elementos incluídos nunha serie cando vai xunto coas preposicións a ou ata.

    Ex: Desde o primeiro ata o último todos os alumnos participaron na colecta.

    Sinónimos: dende.

Palabras veciñas

desculpable | desculpar | desdanza | desde | desdeixado -da | desdeixar | desdeixo