desecamento

desecamento

(

  1. s f [FÍS]

    Eliminación do líquido contido en calquera substancia. A perda de auga a través da superficie dun corpo depende tanto das características da superficie, como da forma na que está a auga. É un método de conservación da materia orgánica.

  2. s f [XEOG]
    1. Incremento progresivo da aridez nunha área como consecuencia dun cambio climático.

    2. Perda de humidade dun solo ou dun depósito sedimentario.

    3. Extracción artificial da auga dun lago ou dunha área pantanosa ou húmida para o seu aproveitamento agrícola ou industrial.

Palabras veciñas

Deseado | desecado -da | desecador | desecamento | desecar | desedificación | desedificante