desesperación

desesperación

(< desesperar)

  1. s f

    Falta de esperanza.

    Ex: A desesperación das súas palabras entristeceunos a todos.

  2. s f

    Estado de grave perturbación do ánimo que se pode producir, entre outras cousas, pola perda de toda esperanza de salvación, pola consideración dun mal como irreparable ou pola impotencia para saír adiante.

    Ex: Caeu na desesperación tras coñecer o diagnóstico.

    Sinónimos: desesperanza, desespero.
  3. s f

    Cousa que produce este estado de ánimo.

    Ex: O amor da súa vida era a súa desesperación.

Refráns

  • De nada, nada esperes.