desfacer

desfacer

(< des- + facer)

  1. v t

    Facer que algo deixe de estar feito.

    Ex: Os nenos desfixeron toda a cama. Desfixeron o nó da corda.

  2. v t

    Facer que algo deixe de existir.

    Ex: Non se puido desfacer o empate de votos e perderon a maioría.

  3. v t
    1. Desunir as partes ou elementos dunha cousa.

      Ex: A máquina desfixérona para volver utilizar as pezas.

    2. Despezar un animal morto.

      Ex: Desfarán o porco e traerán a proba coma todos os anos.

      Sinónimos: partir.
  4. v t Antónimos: facer.
    1. Destruír algo por completo.

      Ex: A guerra desfixo o país. Os fortes ventos desfixeron o tellado da casa.

      Antónimos: facer.
    2. Reducir ou dividir en anacos algunha cousa.

      Ex: A chuvia desfixo a parede medianeira.

  5. v t

    Cancelar un compromiso ou un pacto que estaba acordado.

    Ex: Esa muller desfixo o casamento do teu irmán.

  6. v t

    Converter algo sólido en líquido.

    Ex: Desfixen o xeado para poder tomalo bebido.

    Sinónimos: derreter.
  7. v t

    Disolver un sólido nun líquido.

    Ex: Desfixo o bicarbonato na auga.

  8. v t

    Alterar o estado de ánimo de alguén causándolle un trastorno físico ou moral.

    Ex: Tantas desgracias desfixérono.

  9. v pron

    Deixar algo de estar feito.

    Ex: Desfíxoseche a basta da saia.

  10. v pron
    1. Desaparecer algo ata deixar de ser visible.

      Ex: As nubes desfanse no horizonte.

    2. Deixar de existir.

      Ex: A súa imaxe de home fachendoso desfíxose co paso do tempo.

  11. v pron
    1. Destruírse algo por completo.

      Ex: Co vendaval desfíxose o alpendre.

    2. Reducirse ou dividirse en anacos algunha cousa.

  12. v pron

    Cancelarse un compromiso ou un pacto.

    Ex: Desfíxose a coalición do partido.

  13. v pron

    Converterse algo sólido en líquido.

    Ex: O carambelo desfíxose co sol.

  14. v pron

    Disolverse nun líquido algo sólido.

    Ex: O azucre disolveuse no leite.

  15. v pron

    Amosar un interese desmedido por algo ou por alguén.

    Ex: Desfaise en atencións con ela.

  16. v pron

    Dar ou vender algo. OBS: Con este significado rexe preposición de.

    Ex: Desfíxose dos seus xoguetes na tenda de antigüidades.

  17. v pron

    Desembarazarse dalgunha cousa ou persoa que constitúe un estorbo ou unha ameaza. OBS: Con este significado rexe preposición de.

    Ex: Desfíxose do sogro dun xeito sospeitoso.

Frases feitas

  • Desfacer a cara a alguén. Golpear a alguén na cara.

  • Desfacer unha casa. Arruinar unha familia.

  • Desfacerse a alma/desfacerse a traballar. Traballar moito.

  • Desfacerse en bágoas alguén. Manifestar intensamente un estado de ánimo.

  • Desfacerse por. Esforzarse moito, sacrificarse por axudar ou compracer a alguén.

Palabras veciñas

desexo | desexoso -sa | desfacedor -ra | desfacer | desfalcamento | desfalcar | desfalco
Conxugar
VERBO desfacer
Forma verbal: Infinitivo

Indicativo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
desfago
desfás
desfai
desfacemos
desfacedes
desfán
Pretérito imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
desfacía
desfacías
desfacía
desfaciamos
desfaciades
desfacían
Pretérito perfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
desfixen
desfixeches
desfixo
desfixemos
desfixestes
desfixeron
Pretérito pluscuamperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
desfixera
desfixeras
desfixera
desfixeramos
desfixerades
desfixeran
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
desfarei
desfarás
desfará
desfaremos
desfaredes
desfarán
Condicional Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
desfaría
desfarías
desfaría
desfariamos
desfariades
desfarían

Subxuntivo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
desfaga
desfagas
desfaga
desfagamos
desfagades
desfagan
Imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
desfixese
desfixeses
desfixese
desfixesemos
desfixesedes
desfixesen
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
desfixer
desfixeres
desfixer
desfixermos
desfixerdes
desfixeren

Imperativo

Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
-
desfai
-
-
desfacede
-

Formas nominais

Infinitivo conxugado Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
desfacer
desfaceres
desfacer
desfacermos
desfacerdes
desfaceren
Xerundio desfacendo
Participio desfeito
desfeita
desfeitos
desfeitas