desgracia

desgracia

(< des- + gracia)

  1. s f
    1. Suceso ou acontecemento adverso que causa gran dano. Na tradición oral recóllense ditos como: “A desgraza que ha de vir, non pode fuxir. A peor gracia, é caer en desgracia. Como as cereixas son as desgracias, que unhas noutras se enganchan. Desgracias e malas horas sempre veñen todas”.

      Ex: Foi unha desgraza o que lle pasou a aquela familia.

      Sinónimos: desdita, desventura. Confrontacións: adversidade, calamidade, desastre, desfeita, infortunio.
    2. Suceso no que unha persoa pode resultar danada, ferida ou morta.

      Ex: A pesar da gravidade do accidente non se rexistraron desgracias.

      Confrontacións: infortunio.
  2. s f
    1. Estado ou circunstancia que leva a non ser feliz ou a unha situación lamentable.

      Ex: Pasou unha vida de desgracias e padecementos.

      Confrontacións: adversidade, desventura, infortunio.
    2. Mala sorte.

      Ex: Perségueo a desgraza en todo o que intenta.

      Confrontacións: infortunio.
  3. s f

    Situación da persoa que perdeu a graza ou o favor de alguén. OBS: Xeralmente, emprégase nas construcións estar ou caer en.

    Ex: Era o favorito da súa avoa, pero aquel feito fixo que caese en desgracia.

Frases feitas

  • Caer a desgraza nun. Sufrir unha persoa desgracias a cotío.

  • Desgracias persoais. Víctimas humanas.

  • Entrar a desgraza nunha casa. Producirse desgracias nunha casa ou nunha familia.

  • Nunca falta unha desgracia. Expresión de resignación que se emprega ante un suceso desgraciado.

  • Por desgracia. loc adv Desgraciadamente.

Refráns

  • A cadelo fraco todo son pulgas.
  • A hora mala é para quen a esquece, que ela estaba deitada.
  • A peor gracia é caer na desgracia.
  • Alá vai o mal onde comen ovos sen sal.
  • Antes faltarán as bágoas, que coitas para choralas.
  • As cereixas e as malas fadas, cóllense poucas e veñen a presadas.
  • Cando non é por verzas, é por fío negro.
  • Cando o ano está de pulgas, ata parece que caen do ceo.
  • Como as cereixas son as desgracias, que unhas noutras se engarran.
  • Da árbore que está no chao, todos cortan un ramallo.
  • Desgracias e malas horas sempre veñen todas.
  • Dos desgraciados nacen os avisados/escarmentados.
  • Mal enriba de mal e pedra por cabezal.
  • Moito mal espanta e pouco mata.
  • Non hai mal que cen anos dure, nin corpo que o ature.
  • Non hai mal que cen anos dure.
  • Non hai mal que cen anos se ature, nin ben que moito dure.
  • Non hai mal tan grave que non se acabe.
  • Nunca a mala fada deixa de ter compaña.
  • Nunca vén un ha sen outra.
  • Nunca vén un mal soilo, que trae compaña e todo.
  • Ó can fraco todo se lle volven pulgas.
  • Ó can mordido todos o morden.
  • Ó carro crebado nunca lle faltan petoutos.
  • O mal vai a onde hai máis.
  • O mal vai a onde o hai.
  • Ó malo ninguén se afai.
  • Onde unha porta se pecha outras tamén se pechan.
  • Polo seu mal nacéronlle ás á formiga.
  • Tras dun mal vén outro mal. R
  • Tras dunha dor nunca falta outra maior.
  • Un mal chama outro mal.
  • Un mal nunca vén soilo, que trae compaña e todo.
  • Un mal trae outro mal.
  • Unha no ano, e esa non ten dano.
  • Vai O mal a ande lle poñen bo cabezal.
  • ¡Alá vaias, mal, onde che poñan bo cabezal!
  • ¿A ande vas, mal? -A ande máis hai.