desgusto
desgusto
(< desgustar)
-
s
m
Pesar que lle causa a unha persoa un acontecemento adverso ou a conduta negativa de alguén.
Ex: Ten un gran desgusto por non conseguir o traballo. Cando lle digas que non o podes axudar levará un desgusto.
Confrontacións: anoxo. -
s
m
Impresión mala causada por algo que desgusta
Ex: Ese tipo de comentarios agresivos provócanme desgusto.
-
s
m
Enfrontamento ou discusión entre persoas.
Ex: Non se falan porque tiveron un desgusto a causa dunha herdanza.
Confrontacións: anoxo, enfado.