desistencia
(< desistir)
-
s
f
Acción de desistir.
-
s
f
[DER]
Renuncia á continuación da acción delitiva. Cando é un acto voluntario exime de responsabilidade criminal, aínda que esta responsabilidade subsiste respecto aos feitos punibles realizados antes da desistencia do delito.
-
s
f
[DER]
Forma de terminación dun procedemento xudicial consistente na renuncia efectuada polo demandante á pretensión procesual que deu orixe ao litixio. Supón a extinción das actuacións procesuais, pero non a perda do dereito, polo que a acción poderá exercitarse de novo. No caso de que se desista dun recurso, a resolución recorrida convértese en firme. En todo caso, as custas procesuais impóñenselle á parte que desiste. Se afecta a unha parte da pretensión procesual, o proceso simplifícase e segue o seu curso legal.