Desmarestia

Desmarestia
[PROTISTA]

Xénero de algas vermellas, de talo dividido en cintas ou formado por eixes comprimidos e membranosos, ás veces algo carnosos no eixe principal, de cor amarela dourada que cando secan se volven negras. Na costa galega están presentes as especies: D. ligulata, de ata 1,5 m, con pólas secundarias máis estreitas e dispostas nun só plano que se ramifican de igual xeito varias veces, e que aparece no infralitoral de costas expostas; e D. aculeata, de talos de ata 2 m, de cor verde amarelada cando son novas e apardazadas máis tarde, con ramificación alterna en pólas planas e delgadas de 2 mm de ancho, que aparece no infralitoral das costas expostas.