Desmatophoca
Desmatophoca
[PALEONT]
Xénero de pinnípedos, de ata 1,7 m de lonxitude, de extremidades curtas transformadas en aletas e cunha cola curta, ausente nas especies actuais. Propio de mediados do Mioceno, os xacementos máis importantes están en Xapón e nos EE UU, concretamente nos estados de California e Oregón.