desnaturación
(< desnaturar)
-
s
f
Acción e efecto de desnaturar.
-
s
f
[QUÍM/BIOQ]
Adición a un produto alible de substancias tóxicas, colorantes ou de cheiro desagradable para facelo inalible para as persoas ou os animais, pero utilizable para uso industrial, como é a adición de metanol ao etanol ou o uso agrícola, como é o tratamento de cereais con colorantes indicadores.
-
s
f
[QUÍM]
Modificación da estrutura dun biopolímero por mor dun cambio nas condicións físicas ou químicas do medio, que conduce á perda das súas propiedades naturais. Supón a deformación das cadeas polipeptídicas ou da dobre hélice. No caso das proteínas realízase o tratamento con ácidos, bases ou raios X, e no caso do ADN quentando a mostra que o contén a 90°C ou incubándoa cun pH maior de 10,5.
-
s
f
[FÍS]
Proceso de engadir outro isótopo a un material fisible co obxecto de facelo inadecuado para o seu uso en armas nucleares.