desnitrificación
desnitrificación
(
s
f
[BIOQ]
Descomposición dos nitratos do solo en nitritos que, posteriormente, se reducen a nitróxeno molecular ou a óxidos de nitróxeno que pasan á atmosfera. Os nitratos e nitritos actúan como aceptores terminais de electróns na cadea respiratoria coa participación de citocromos e da nitrato ou nitrito redutasa. É un proceso xeralmente anaeróbico que realizan as bacterias desnitrificantes, como Pseudomonas denitrificans, que son máis activas nun medio neutro, rico en materia orgánica e pouco aireado.