desnutrición

desnutrición

(< desnutrir)

  1. s f

    Acción de desnutrir ou desnutrirse.

  2. s f [PAT]

    Trastorno na nutrición debido ao predominio da desasimilación (catabolismo) sobre a asimilación (anabolismo); isto provoca un depauperamento progresivo do organismo que pode acabar en caquexia. As causas máis frecuentes son o déficit da alimentación global ou dun dos elementos nutritivos necesarios, a perda da fame, as enfermidades infecciosas, tumorais e endocrinas e os trastornos dixestivos que conlevan unha síndrome de mala absorción.