desparafinado

desparafinado

(< desparafinar)

s m [IND]

Proceso que elimina dos aceites de engraxado os hidrocarburos que constitúen a parafina e que se solidifican a temperatura ordinaria. Consiste en filtrar o aceite a temperaturas de entre -35 e -40°C, en presenza dun disolvente que produce que o aceite se disolva e a parafina sólida quede no filtro.