despedida

despedida

(< despedir)

  1. s f

    Acción de despedir ou despedirse.

  2. s f

    Expresión de afecto, palabras ou xestos empregados para despedir ou despedirse doutras persoas.

  3. s f

    Copla ou retrouso dalgúns cantos populares, que emprega o cantor cando se despide dos seus oíntes.

  4. s f

    Realización dunha actividade, propia dunha persoa, por derradeira vez.

    Ex: Esa representación foi a despedida dos escenarios.

  5. s f

    Reunión ou festa organizada para despedir a alguén que deixa o seu posto de traballo ou cargo e, especialmente, a que se celebra cando alguén vai casar.

    Ex: Imos comprarlle un regalo para a súa despedida de solteira. Fixémoslle unha cea de despedida cando se foi vivir a Londres.

Refráns

  • ¡A man no peito, a pema no leito!
  • ¡Adeus, amo e ama, que tan bo pan coma aquí fano na miña casa!
  • ¡Adeus, paredes, que me vou para lonxe e non sei se máis me veredes!
  • ¡Adeus, veciños, que me mudo de casa e vos deixo soíños, porque me vou por eses camiños!
  • ¡O brazo no peito e a pema no leito!
  • ¡O pe no leito e a man no peito!