Despenser

Despenser

Liñaxe de baróns ingleses que semella que tomou este nome do oficio de dispensator ou senescal, dos condes de Chester. Entre os membros máis destacados están Hugh Le Despenser I (1223-1265), que acadou un papel importante en 1258 no enfrontamento dos baróns contra Enrique III e desde 1260 ocupou o cargo de xusticeiro de Inglaterra, e o seu fillo Hugh Le Despenser II (1261-1326), chamado o Mozo, foi favorito de Eduardo II e, trala súa abdicación, foi executado.