despolitizar
despolitizar
(
-
v t
Quitar o carácter político de algo.
Ex: Despolitizaron o premio literario para que fose imparcial.
-
v t
Facer que unha persoa ou un grupo se desinterese da política.
Ex: Co seu discurso despolitizaba o alumnado.
-
v pron
Perder algo o seu carácter político.
Ex: Tiveron que loitar moito pero conseguiron que se despolitizase a organización.
-
v pron
Arredarse unha persoa ou grupo da política ou de ideas políticas.
Ex: Os xornalistas deberían despolitizarse e ser máis obxectivos.