desprazamento
(< desprazar)
-
s
m
Acción e efecto de desprazar ou desprazarse.
-
s
m
[MAR]
olume de auga que despraza un barco. Segundo o principio de Arquímedes, o seu peso equivale ao peso da nave e mídese sempre en toneladas métricas.
-
s
m
[PSIC]
Mecanismo inconsciente que fai que unha carga afectiva, como unha emoción ou unha pulsión, pase do seu obxectivo real a un elemento substitutivo.
-
corrente de desprazamento
[FÍS]
Tipo de corrente eléctrica que ten lugar nun material, condutor ou illante, cando se lle aplica un campo eléctrico variable co tempo. Este concepto, ideado por Maxwell, aplícase especialmente no caso dos dieléctricos.
-
desprazamento angular
Ángulo, medido en radiáns, no que un corpo ou liña foi rotado nun sentido específico ao redor dun determinado eixe.
-
desprazamento cara ó vermello
[ASTRON]
Desprazamento cara a lonxitudes de onda máis grandes que experimentan as liñas do espectro dun obxecto estelar. Os desprazamentos cara ao vermello dos obxectos da Galaxia interprétanse en termos de efecto Doppler, orixinado polo movemento de arredamento da fonte respecto do observador. O desprazamento cara ao vermello dos obxectos extragalácticos tamén ten como orixe o efecto Doppler, causado neste caso pola recesión das galaxias. O desprazamento cara ao vermello gravitacional, predicido por Einstein na relatividade xeral, está causado pola acción de campos gravitacionais intensos sobre os fotóns emitidos pola fonte. É unha das bases das teorías de expansión do Universo e do Big Bang.
-
desprazamento continental
[XEOL]
deriva continental.
-
desprazamento de localidade
[URBAN]
Desprazamento dunha poboación da súa localización orixinal a outra. Un dos casos máis habituais é o que se produce ao quedar unha poboación asolagada pola auga dun encoro, como aconteceu coa vila de Portomarín por mor da construción do encoro de Belesar sobre o río Miño.
-
desprazamento eléctrico
Magnitude vectorial que, no seo dun campo eléctrico E , é igual ao produto do campo pola permisividade do medio, D = ε E . Tamén se denomina densidade de fluxo eléctrico ou indución eléctrica.
-
desprazamento químico/reacción de desprazamento
[QUÍM]
Reacción na que un átomo ou molécula se substitúe e se libera por outro átomo ou molécula.
-
desprazamento radioactivo
ariación do número de masa A e do número atómico Z do núcleo dun elemento que se converte a consecuencia dunha desintegración alfa ou dunha desintegración beta, esta última nas dúas formas β + e β − . O efecto dunha desintegración sobre os números A e Z vén dado polas leis do desprazamento radioactivo ou leis de Fajans-Soddy.