desprendemento
(< desprender)
-
s
m
Acción de desprender ou desprenderse.
-
s
m
Calidade de desprendido.
Ex: Mostra o seu desprendemento cos amigos ó deixarlles o coche sempre que llo piden.
Sinónimos: xenerosidade. -
s
m
[XEOG]
Proceso de fragmentación e desprazamento que experimenta unha rocha no sentido da gravidade, debido á acción dos axentes erosivos ou da tectónica.
-
s
m
[FÍS]
Modificación da corrente dun fluído ao redor dun obxecto no que penetra. Prodúcese cando, por causa dunha turbulencia, o fluído xa non escorrega seguindo o contorno do obxecto senón que se separa ou desprende deste. Na á dun avión ten como consecuencia unha diminución da sustentación, feito que pode conducir o avión a caer en barrena ou en picado.
-
s
m
[FISIOL]
Derradeiro momento da expulsión da cabeza do feto durante o parto.
-
[PAT]
-
s
m
Separación de tecidos que normalmente están adheridos.
-
desprendemento da epífise
Desprendemento de orixe traumática que se observa durante o período de crecemento do esqueleto. Consiste nunha solución de continuidade no lugar de unión da diáfise e da epífise.
-
desprendemento de retina
Desprendemento da retina do seu leito. Dáse con máis frecuencia en persoas maiores, con antecedentes de cataratas ou naquelas con moita miopía.
-
desprendemento prematuro de placenta
Complicación do embarazo que se caracteriza pola separación da placenta da parede uterina antes do parto.
-
s
m