destro -tra
destro -tra
(< lat dextru ‘dereito’)
-
adx
Aplícase á persoa que emprega preferentemente a man ou a perna dereita.
Ex: Xoán é destro e tira os penaltis coa dereita.
-
adx
Aplícase á persoa que é hábil ou experta nunha arte, oficio ou materia.
Ex: Restauraron os mobles porque son moi destros coas manualidades.
-
adx
[HERÁLD]
Aplícase ao flanco que está no lado dereito do escudo, pero á esquerda do observador.
-
s
m pl
Conxunto de leiras que rodean a casa reitoral e que pertencen á fábrica da igrexa.