deterxente

deterxente

(< deterxir)

  1. adx

    Que deterxe.

  2. [QUÍM]
    1. s m

      Substancia que, por determinar un descenso da tensión superficial do líquido no que se encontra, xeralmente a auga, ten accións humectantes, dispersantes, emulsionantes e de formación de escuma, polo que se aplica como limpadora. Está composta por axentes tensoactivos, aínda que a maioría dos deterxentes comerciais levan tamén outros compoñentes, como catalizadores, vigorizantes, aditivos ou materias de carga, para facilitar a súa acción limpadora. A estrutura das moléculas que o conforman consta de dúas partes fundamentais: un grupo hidrófilo, composto por radicais iónicos ou non iónicos que as fai solubles na auga, e un grupo lipófilo constituído por cadeas carbonatadas procedentes de ácidos graxos ou do petróleo, que lle permite disolver substancias graxas. A capacidade de limpeza do deterxente depende da interacción, natureza e concentración dos axentes tensoactivos coas partículas de sucidade que emulsionan e disolven, e tamén da temperatura, grao de dureza da auga ou do tempo. Os primeiros deterxentes utilizados foron os xabóns, pero, debido aos seus inconvenientes -escasa eficacia nas augas duras e produción relativamente cara-, substituíronse polos modernos deterxentes sintéticos. Son utilizados tanto para uso doméstico, produtos de limpeza, dentífricos, como para uso industrial. Recibe tamén o nome de detersivo.

    2. de-terxente aniónico

      Deterxente no que o compoñente hidrofóbico, ao se disociar co líquido, xeralmente a auga, dá lugar a un ión con carga negativa. Un exemplo é o xabón clásico ou o dodecilbencenosulfonato, deterxente para lavar a roupa.

    3. de-terxente catiónico

      Deterxente no que o compoñente hidrófobo, ao se disociar no líquido, xeralmente a auga, dá lugar a un ión con carga positiva. Adoita estar constituído por sales de amonio cuaternario cun grupo hidrocarbonatado de 12 a 14 átomos de carbono unido ao hidróxeno.

    4. deterxente non iónico

      Deterxente no que o grupo hidrófilo, constituído por cadeas carbonatadas, non se ioniza en solucións acuosas, como os produtos de condensación do óxido de etileno con outros compostos.

  3. s m [MED]

    Medicamento que se utiliza para limpar e axudar a cicatrizar as feridas.

Palabras veciñas

determinista | detersión | detersivo -va | deterxente | deterxir | detestable | detestación