deuterio
(< grδεύτερος ‘segundo’)
-
s
m
[QUÍM]
Isótopo do hidróxeno, dúas veces máis pesado ca este, cun protón e un neutrón no núcleo, de masa atómica 2,016. Tamén se denomina hidróxeno pesado. Constitúe o 0,015 do hidróxeno natural. Descuberto en 1931 polo químico Harold Clayton Urey e os seus colaboradores, valeulle o premio Nobel de Química en 1934. Obtense por electrólise ou por destilación fraccionada da auga pesada, D 2 O. Ten as mesmas propiedades que o hidróxeno, pero a súa gran masa atrasa as reaccións. Introducido nunha molécula, utilízase para determinar o mecanismo de certas reaccións. É tamén unha enorme fonte de enerxía explosiva para reaccións de fusión ás que pode dar lugar.
-
óxido de deuterio
[QUÍM]
Composto químico que contén dous átomos de deuterio. Ten un peso específico de 1,11 g/cc, un punto de conxelación de 3,8°C e un de ebulición de 101,42°C. Obtense a partir da auga natural por electrólise ou por destilación fraccionada. Utilízase principalmente nas pilas dos reactores nucleares, para retardar o movemento rápido dos neutróns, como trazador do comportamento das reaccións químicas e bioquímicas nas que intervén o hidróxeno, en reaccións termonucleares e para o marcado isotópico de moléculas. Tamén recibe o nome de auga pesada.