Devesa
Devesa
-
[ONOM]
Apelido de orixe toponímica que se documenta xa no s XIII: “Domingo Perez dito da Deuesa” (doc ano 1276 en Clarinda de Azevedo Maia, História do galego-português. Estado linguístico da Galiza e do Noroeste de Portugal do século XII ao século XVI, 1986, p 131). Frecuentemente aparece grafado cun -b- non etimolóxico: Debesa.
-
[HIST/HERÁLD]
Liñaxe que trae como armas, en campo de goles,unha banda encaixada de ouro e azul.