Dewar, vaso
Dewar, vaso
Recipiente de vidro ou aceiro de gran tamaño, en forma de vaso ou de botella, de paredes dobres, entre as que se realiza un baleiro moi elevado (~0,01 Pa), coa finalidade de eliminar a transferencia de calor por convección ou condución. A superficie interna das paredes está prateada para diminuír a transferencia de calor por radiación e ademais tapónase para evitar a evaporación. Inventado polo físico James Dewar, emprégase para conter líquido a temperatura distinta da temperatura ambiente. Tamén recibe o nome de termo.