dexección

dexección

(< lat deiectĭōne)

  1. s f [FISIOL]
    1. Evacuación das materias fecais.

      Sinónimos: defecación.
    2. Conxunto de materias fecais evacuadas.

      Sinónimos: defecación.
  2. s f [XEOG]

    Conxunto de materiais rochosos acumulados pola acción dos axentes da erosión (correntes fluviais, ventos, etc) ou da tectónica, tales como os produtos volcánicos. Os torrentes adoitan formar acumulacións de forma cónica coñecidas co nome de cono de dexección. As dexeccións volcánicas engloban a lava, as bombas, os lapilli e as cinzas.

Palabras veciñas

Dewey, Melvil | Dexámeno | dexametasona | dexección | dexemar | dexeneración | dexenerado -da