dez
(< lat dece)
-
cuant
Numeral cardinal que equivale a nove máis un.
Ex: Repíteo dez veces a ver se o memorizas.
-
adx
Que ocupa o décimo lugar nunha serie. OBS: Nesta acepción adquire valor de ordinal, e, polo tanto, equivale a décimo.
Ex: Chegou no posto dez á meta e déronlle un diploma. É o dez na lista de substitucións.
-
s
m
Representación gráfica dese número. OBS: Na numeración arábiga represéntase por 10 e na romana por X.
Ex: O número dez, na numeración romana, escríbese cun xe.
-
s
f pl
Décima hora despois das doce da noite ou do mediodía. OBS: Xeralmente vai precedido do artigo determinado as.
Ex: Ás dez da noite comeza a película.
-
s
m
Carta ou naipe da baralla con dez sinais.
-
s
m
[RELIX]
Cada unha das partes nas que se divide o rosario, composta dun nosopai, dez avemarías e unha gloria.
-
s
m
[RELIX]
Doa do rosario, máis grosa ou diferente cás demais, que se intercala entre cada dez doas ordinarias para separar así os rezos de cada misterio.