día

día

(< lat dĭe)

  1. s m [ASTRON]
    1. Intervalo de tempo que tarda a Terra en dar unha volta sobre o seu eixe. Desde a Antigüidade, empregouse como a unidade básica de tempo. Os romanos dividírono en doce horas iguais repartidas en ciclos de tres horas: prima, tercia, sexta e nona. Entre os xudeus, o día comezaba ao anoitecer, segundo as normas bíblicas. Co establecemento da teoría heliocéntrica de Copérnico, relacionouse coa rotación da Terra. Para determinar o intervalo de tempo que a Terra necesita para facer unha revolución completa, emprégase como referencia o paso dun astro polo meridiano dun lugar e defínese como o intervalo de tempo que transcorre entre dúas pasadas consecutivas do astro polo meridiano. Se este astro é o Sol, o resultado é o día solar verdadeiro. Este tempo, sen embargo, non coincide exactamente co da rotación da Terra; ademais, a duración do día solar verdadeiro non é sempre a mesma. Co fin de resolver este inconveniente, defínese un astro fiticio, o Sol medio, que se move cunha velocidade uniforme e coincide unha vez ao ano e nunha determinada posición co Sol verdadeiro. O día solar medio defínese como o intervalo de tempo que transcorre entre dúas pasadas consecutivas deste astro polo meridiano dun lugar, o día sideral como o intervalo de tempo que transcorre entre dúas pasadas consecutivas dunha estrela afastada polo meridiano dun lugar e o día sidéreo como o intervalo de tempo transcorrido entre dúas pasadas consecutivas do punto Aries ou vernal (intersección do ecuador coa eclíptica) polo meridiano do lugar. Cada un dos días mencionados divídese en 24 horas, cada hora en 60 minutos e cada minuto en 60 segundos. O día e as outras subunidades que se empregan na vida ordinaria, ou sexa, o denominado tempo civil, corresponden ao día solar medio. Os astrónomos acordaron que o día comeza a partir da culminación superior da referencia considerada, ou sexa o Sol ou o punto vernal. Para usos civís, considérase que o día comeza cando o astro chega á súa culminación inferior, é dicir, no caso do Sol, á medianoite.

    2. Espacio de tempo que emprega un astro en dar unha volta completa sobre o seu eixe.

    1. s m

      Duración dun día solar que comeza na medianoite e comprende vinte e catro horas. Na tradición oral recóllense ditos como: “A tres días de alegrías, trinta días de agonías. A pan de quince días, fame de tres semanas. Cada día que pase aprenderás algo novo”.

      Ex: Mañá é o día 13 de xullo.

    2. s m

      Data na que se conmemora algún acontecemento.

      Ex: O 19 de marzo é o día do Pai.

      Sinónimos: festividade.
    3. día de ano novo

      Primeiro día do ano, o 1 de xaneiro.

    4. día de ano vello

      Derradeiro día do ano, o 31 de decembro.

    5. día de cotío/de labor/de traballo/laborable/solto

      Día de traballo, non festivo.

    6. día de defuntos

      Día no que se lembran os familiares falecidos, o 2 de novembro.

    7. día de festa/feriado/santo

      Día, sen ser domingo, no que non se traballa por celebrarse unha festa ou por conmemorarse un acontecemento.

    8. día de Nadal

      Día da Natividade do Señor, o 25 de decembro.

    9. día de precepto

      Domingo, e outros días, nos que a Igrexa católica conmemora algunha solemnidade litúrxica abondo importante para demandar dos fieis a participación na Eucaristía.

    10. día de Reis

      Día da Epifanía do Señor, o 6 de xaneiro.

    11. día de todos os Santos

      O 1 de novembro.

    12. día de tribunais

      Día no que antigamente se daba audiencia xudicial, se abrían os tribunais e se presentaban os xuíces e ministros.

    13. día de vixilia

      Día no que, por precepto relixioso, non se poden satisfacer certos apetitos, como, por exemplo, comer carne. Para os cristiáns, á parte das vésperas doutras festas litúrxicas, comprendía toda a Coresma, pero tralo Concilio Vaticano II a vixilia coresmal quedou restrinxida exclusivamente aos venres.

    14. día de xaxún

      Día no que está prohibido tomar alimentos.

    15. día do Señor

      Día que se consagra ao culto divino. Para os cristiáns é o domingo.

    16. día do Señor

      Expresión bíblica empregada polos profetas para indicar os tempos mesiánicos ou o día do xuízo no final dos tempos.

    17. día do Xuízo

      Expresión que designa o momento despois da morte no que, segundo a cosmogonía cristiá, Deus xulgará as almas.

    18. día do Xuízo

      Día da manifestación de Xesucristo ao final da historia.

    19. día eclesiástico

      Día que, polo culto eclesiástico, se conta de medianoite a medianoite, se ben a celebración do domingo e das solemnidades comeza xa á hora da vixilia do día precedente.

    20. día hábil

      Día no que se poden practicar actuacións xudiciais ou administrativas. No dereito administrativo, se as normas de procedemento non especifican nada, enténdense hábiles todos os días agás os domingos e festivos. No período de instrución sumarial e nos procedementos de xurisdición voluntaria, considéranse hábiles todos os días do ano.

    21. día inhábil

      Día no que está suspendido o traballo nos xulgados e tribunais e no que, polo tanto, non se poden realizar actuacións administrativas por ser domingo ou festivo para efectos laborais nas respectivas comunidades autónomas ou localidades. Para as actuacións nas causas criminais non hai días inhábiles.

    22. día intercalar

      Día que se engade ao final do mes de febreiro nos anos bisestos.

    23. día lectivo

      Día no que se dá clase nos centros de ensino.

    24. día natural

      Calquera dos 365 días do ano (366 nos bisestos) que para os efectos administrativos poden ser hábiles ou inhábiles.

  2. s m

    Tempo que dura a claridade do sol. Na tradición oral recóllense ditos como: “Polo San Matías tan longas son as noites como son os días. O traballar é de xente de mal vivir, pois o día fíxose para descansar e a noite para durmir. Non hai día sen noite nin noite sen día”.

    Ex: Os vampiros non saen de día.

    Antónimos: noite.
    1. s m

      Tempo atmosférico, referido a un día determinado. Na tradición oral recóllense ditos como: “O bo día, méteo na casa. O bo día ábrelle a porta e ao malo enferróllalla”.

      Ex: Que tal día está por aí?

    2. día morriñento

      Día escuro e con nubes.

  3. s m

    Momento, ocasión ou oportunidade para a realización de algo. Na tradición oral recóllense ditos como: “Día virá que o que hoxe canta, chorará. Día virá que teña peras o meu peral. Algún día será festa e será Pascua. O luns mollo, o martes lavo, o mércores seco, o xoves saco, o venres peneiro, o sábado amaso e o domingo, que eu fiaría, todos me din que xa non é día”.

  4. s m pl

    Vida.

    Ex: Foi acabar os seus días a Francia.

  5. s m pl

    Idade, xeralmente avanzada, dunha persoa.

    Ex: É unha persoa de días.

  6. pref
    1. Intervalo de tempo que tarda a Terra en dar unha volta sobre o seu eixe. Desde a Antigüidade, empregouse como a unidade básica de tempo. Os romanos dividírono en doce horas iguais repartidas en ciclos de tres horas: prima, tercia, sexta e nona. Entre os xudeus, o día comezaba ao anoitecer, segundo as normas bíblicas. Co establecemento da teoría heliocéntrica de Copérnico, relacionouse coa rotación da Terra. Para determinar o intervalo de tempo que a Terra necesita para facer unha revolución completa, emprégase como referencia o paso dun astro polo meridiano dun lugar e defínese como o intervalo de tempo que transcorre entre dúas pasadas consecutivas do astro polo meridiano. Se este astro é o Sol, o resultado é o día solar verdadeiro. Este tempo, sen embargo, non coincide exactamente co da rotación da Terra; ademais, a duración do día solar verdadeiro non é sempre a mesma. Co fin de resolver este inconveniente, defínese un astro fiticio, o Sol medio, que se move cunha velocidade uniforme e coincide unha vez ao ano e nunha determinada posición co Sol verdadeiro. O día solar medio defínese como o intervalo de tempo que transcorre entre dúas pasadas consecutivas deste astro polo meridiano dun lugar, o día sideral como o intervalo de tempo que transcorre entre dúas pasadas consecutivas dunha estrela afastada polo meridiano dun lugar e o día sidéreo como o intervalo de tempo transcorrido entre dúas pasadas consecutivas do punto Aries ou vernal (intersección do ecuador coa eclíptica) polo meridiano do lugar. Cada un dos días mencionados divídese en 24 horas, cada hora en 60 minutos e cada minuto en 60 segundos. O día e as outras subunidades que se empregan na vida ordinaria, ou sexa, o denominado tempo civil, corresponden ao día solar medio. Os astrónomos acordaron que o día comeza a partir da culminación superior da referencia considerada, ou sexa o Sol ou o punto vernal. Para usos civís, considérase que o día comeza cando o astro chega á súa culminación inferior, é dicir, no caso do Sol, á medianoite.

    2. Espacio de tempo que emprega un astro en dar unha volta completa sobre o seu eixe.

  7. pref
    1. s m

      Duración dun día solar que comeza na medianoite e comprende vinte e catro horas. Na tradición oral recóllense ditos como: “A tres días de alegrías, trinta días de agonías. A pan de quince días, fame de tres semanas. Cada día que pase aprenderás algo novo”.

      Ex: Mañá é o día 13 de xullo.

    2. s m

      Data na que se conmemora algún acontecemento.

      Ex: O 19 de marzo é o día do Pai.

      Sinónimos: festividade.
    3. día de ano novo

      Primeiro día do ano, o 1 de xaneiro.

    4. día de ano vello

      Derradeiro día do ano, o 31 de decembro.

    5. día de cotío/de labor/de traballo/laborable/solto

      Día de traballo, non festivo.

    6. día de defuntos

      Día no que se lembran os familiares falecidos, o 2 de novembro.

    7. día de festa/feriado/santo

      Día, sen ser domingo, no que non se traballa por celebrarse unha festa ou por conmemorarse un acontecemento.

    8. día de Nadal

      Día da Natividade do Señor, o 25 de decembro.

    9. día de precepto

      Domingo, e outros días, nos que a Igrexa católica conmemora algunha solemnidade litúrxica abondo importante para demandar dos fieis a participación na Eucaristía.

    10. día de Reis

      Día da Epifanía do Señor, o 6 de xaneiro.

    11. día de todos os Santos

      O 1 de novembro.

    12. día de tribunais

      Día no que antigamente se daba audiencia xudicial, se abrían os tribunais e se presentaban os xuíces e ministros.

    13. día de vixilia

      Día no que, por precepto relixioso, non se poden satisfacer certos apetitos, como, por exemplo, comer carne. Para os cristiáns, á parte das vésperas doutras festas litúrxicas, comprendía toda a Coresma, pero tralo Concilio Vaticano II a vixilia coresmal quedou restrinxida exclusivamente aos venres.

    14. día de xaxún

      Día no que está prohibido tomar alimentos.

    15. día do Señor

      Día que se consagra ao culto divino. Para os cristiáns é o domingo.

    16. día do Señor

      Expresión bíblica empregada polos profetas para indicar os tempos mesiánicos ou o día do xuízo no final dos tempos.

    17. día do Xuízo

      Expresión que designa o momento despois da morte no que, segundo a cosmogonía cristiá, Deus xulgará as almas.

    18. día do Xuízo

      Día da manifestación de Xesucristo ao final da historia.

    19. día eclesiástico

      Día que, polo culto eclesiástico, se conta de medianoite a medianoite, se ben a celebración do domingo e das solemnidades comeza xa á hora da vixilia do día precedente.

    20. día hábil

      Día no que se poden practicar actuacións xudiciais ou administrativas. No dereito administrativo, se as normas de procedemento non especifican nada, enténdense hábiles todos os días agás os domingos e festivos. No período de instrución sumarial e nos procedementos de xurisdición voluntaria, considéranse hábiles todos os días do ano.

    21. día inhábil

      Día no que está suspendido o traballo nos xulgados e tribunais e no que, polo tanto, non se poden realizar actuacións administrativas por ser domingo ou festivo para efectos laborais nas respectivas comunidades autónomas ou localidades. Para as actuacións nas causas criminais non hai días inhábiles.

    22. día intercalar

      Día que se engade ao final do mes de febreiro nos anos bisestos.

    23. día lectivo

      Día no que se dá clase nos centros de ensino.

    24. día natural

      Calquera dos 365 días do ano (366 nos bisestos) que para os efectos administrativos poden ser hábiles ou inhábiles.

  8. pref

    Forma prefixada de orixe grega que se emprega na formación de palabras co significado de ‘feito de’.

    Ex: diapalma, diasén.

Frases feitas

  • Ao caer/cerrar do día/ morrer/pechar o día. Ao anoitecer.

  • Día a día. Cada día, un día tras outro.

  • Estar o día por alto. Estar o día claro, sen nubes.

  • Estar un día de pan e viño/de sega. Estar bo tempo.

  • Este día. Un día dos precedentes.

  • . Mañá é día de escola/de garabullos. Expresión para indicar que ao día seguinte é día de traballo.

  • . Pasou o día, pasou a romaría. Expresión para indicar que pasou o momento oportuno para facer algo.

  • 1 Ao corrente. Ex: Sempre está ao día na súa especialidade.

  • 1 Ser demasiado longo, inacabable.

  • 1 Ter un día economicamente rendible.

  • 2 De idade avanzada. Ex: Éche un home de días.

  • 2 Segundo as modas. Ex: Viste ao día.

  • 2 Ser moi alto.

  • 2 Sufrir algún contratempo.

  • 3 Sen atraso. Ex: Paga ao día. OBS: Emprégase normalmente cos verbos estar ou poñer.

  • Abrir o día. Desaparecer a néboa ou as nubes.

  • Abrir/Raiar/Romper/Vir o día. Amencer.

  • Algún día. En tempos pasados, antigamente.

  • Bo día/Bos días. Saúdo que se dá no período de tempo que vai da mañá ao mediodía.

  • Caer/Marchar/Morrer/ Pechar o día. Anoitecer.

  • Claro/Clara coma o día. Evidente.

  • Con/

  • De cada día. De todos os días.

  • De día. Durante as horas en que hai luz do sol.

  • De días. 1 De pouco tempo. Ex: Está en estado de días.

  • Deuche o día, miñaxoia. Aplícase ironicamente a alguén que é unha boa peza.

  • Día e noite/Noite e día. En todo momento, sen cesar.

  • Día tras ou diante. Aproximadamente nese día.

  • Do día para a noite. De repente.

  • Do día. De hoxe.

  • Dun día para outro. Nun día indeterminado, normalmente próximo no tempo.

  • Estar de días. Estar de santo. Ex: O 8 de decembro está de días.

  • Facer o día.

  • Hoxe en día. Actualmente.

  • Ir marchando o día. Escurecer

  • Mañá será outro día. Aprazamento dunha cousa para outro día no que as circunstancias sexan mellores.

  • Medrar os días. Aumentar as horas de luz do día.

  • No seu día. No momento oportuno.

  • Non pasar un día/os días por alguén. Estar alguén ben conservado.

  • Ó abrir/Ó principiar/Ó rachar/ Ao raiar/Ó riscar/Ó romper o día/Á rompida do día/co ser día/Sobre (d)o día. Ao amencer.

  • O día de mañá. No futuro.

  • O día menos pensado. Cando menos se espere.

  • Ó día.

  • O outro día. Un dos días pasados.

  • Ó/Para o outro día. Ao día seguinte

  • Peso do día. Hora á que quenta máis o sol.

  • Pór/Poñer o día. Fixar a data de algo. Ex: Puxeron o día do exame.

  • Ser máis longo/grande ca un día sen pan.

  • Todo o (santo) día. O día completo, constantemente.

  • Un día é un día (e un peso gastouse)/Un día matas o porco e non chía/Un día non son días. Expresión para indicar que se fai unha excepción en algo. Ex: Mañá comemos marisco, un día é un día!

  • Un día que amañeza despacio. Nunca.

  • Un día que outro. Calquera día.

  • Un día. En certa época.

  • Vivir ao día. Gastar todo o que se gaña, sen aforrar un peso.

Refráns

  • Ata poñerse o sol, hai día.
  • Comeza a crecer o día pola santa Lucía.
  • Crece o día paso a paso, o mesmo ao comezo que ao cabo do ano.
  • De san Xoán a san Pedro cinco días van no medio.
  • Dende a santa Lucía mingua a noite e crece o día.
  • Dende santa Lucía medra a noite e mingua o día.
  • Despois do día vén a noite.
  • Desque se pon o sol, pouco día queda.
  • Desque se vai o sol, pouco día queda.
  • Día de Pascua e Domingo Lardeiro, cada cadelo no seu palleiro.
  • En agosto sol posto, noite connosco.
  • Ende chegando o san Bras, pon pan e viílo na alforxa, que o día non faltará.
  • Hóspede que chega con sol, colle o mellor.
  • Hoxe é día de ¡Bote acá, miña da!
  • Marzo iguarzo.
  • Mentres vas e vés, váichese o día.
  • Nas tardes de abril vai a onde teñas que ir, que á túa casa irás durmir.
  • Nas tardes de marzo recolle o teu gando.
  • No mes de san Xoán as nove co día dan.
  • No serán de maio vaite ao teu mandado, que terás tempo sobrado.
  • Non hai día sen ooite Dio ooite sen día.
  • Nos días de maio, aínda non amañece e xa anoitece.
  • O día de san Brais ten dúas horas máis.
  • O sol no inverno sae tarde e ponse cedo.
  • Pola santa Lucía tan longa é a noite como longo é o día.
  • Polo san Brais teñen os días dúas horas máis.
  • Polo san Matías igualan as noites aos días.
  • Polo san Matías tan longas son as noites como son os días.
  • Por san Matías tan longas son as noites coma os días.
  • Por santa Lucía mingua a noite e crece o día.
  • Por santa Lucía o salto dunha pulga mingua o día.
  • Por santa Lucía tan grande é a noite coma o día.
  • Por santa Lucía tan longa é a noite coma o día/como longo é o día.
  • San Andrés trae a vela e san Xoán a leva.
  • Sol de xaneiro vén tarde e vaise cedo.
  • Sol posto en agosto, noite connosco.
  • Todo está ben, se a noite non vén.
  • ¡Deus te socorra coa noite, que o día xa che el virá!

Palabras veciñas

1 di- | 2 di- | Di-l-nūn | día | día | Día das Letras | Día das Letras Galegas