diadema
(< grδιάδημα ‘tiara rexia’)
-
s
m
[HIST]
Fita de adorno de metais preciosos ou doutros materiais cinguida á cabeza e ornada, entre outras cousas, con bordados e pedras preciosas, empregada xa na antiga Grecia para suxeitar ou manter ergueitos os cabelos. Era o distintivo da realeza. Na Antigüidade foi un adorno masculino e feminino usado polos sumerios, os exipcios e os persas. Alexandre o Grande adoptouna, asumindo o sentido de soberanía que posuía este adorno entre os persas e transmitiuna a Roma. En Galicia, na época castrexa, realizáronse en ouro combinado ou non con elementos metálicos, e decoráronse con estampados ou repuxados. Entre as pezas conservadas destacan a do tesouro de Bedoia e os fragmentos da de Ribadeo. Na Idade Media substituíuse pola coroa e quedou reducida a un obxecto de ornamentación feminina. Volveu empregarse en Francia na época do Directorio.
-
s
m
Banda, xeralmente decorada, que pode ser de diversos materiais e que se coloca na cabeza para suxeitar o cabelo.
Ex: Púxose un diadema no pelo feito cunha fita de satén.
-
s
m
[HERÁLD]
-
Figura circular de ouro posta xeralmente arredor da cabeza pola súa parte posterior.
-
Cada un dos arcos de ouro que pechan as coroas pola parte superior, e que sosteñen a cimeira na intersección destes arcos onde descansa o mundo coa cruz.
-