diádoco

diádoco

(< grδιάδοχος ‘sucesor’)

  1. s m [HIST]

    Título dado a Perdicas, Antígono, Seleuco, Lisímaco, Tolomeo e Antíparto, xenerais de Alexandre o Grande que, despois da súa morte (323 a C), se repartiron o Imperio Helénico.

  2. s m [HIST]

    Título outorgado ao príncipe herdeiro do reino na Grecia moderna.

  3. s m [LIT]

    Denominación para os escritores galegos do s XIX posteriores aos do Rexurdimento.