diagnóstico -ca
(< grδιαγνωστικός ‘capazde discernir’)
-
adx
Relativo ou pertencente á diagnose.
Ex: Detectáronlle signos diagnósticos de hepatite.
-
s
m
[MED]
Acción e efecto de recoñecer a natureza dunha enfermidade polos seus síntomas e signos.
Ex: O diagnóstico do médico foi moi preocupante para el.
Sinónimos: diagnose. -
s
m
Formulación dunha hipótese a partir da observación de certos indicios.
Ex: A economista fixo un diagnóstico do futuro da empresa.
-
diagnóstico pedagóxico
[PEDAG]
Diagnóstico que reúne diversos métodos e actividades que examinan a acción pedagóxica nos seus efectos. Aplica coñecementos do diagnóstico psicolóxico, como poden ser as diferencias individuais e cuestiona, por exemplo, as causas do éxito ou fracaso na aprendizaxe. Polo xeral, os diagnósticos pedagóxicos pasan por catro fases: descrición (recompilación de xuízos sobre o estado de coñecementos, as condicións de aprendizaxe e historial do alumno); interpretación (interpretación dos determinados resultados da aprendizaxe); prognóstico (predicir o futuro éxito da aprendizaxe) e control (o diagnóstico pedagóxico axuda tanto ao autocontrol do discente coma ao enxuizamento por parte de terceiros, base para mellorar as alternativas didácticas).
-
diagnóstico psicolóxico
[PSIC]
Diagnóstico que reúne os métodos de determinación das diferencias inter e intraindividuais respecto das distintas variables psicolóxicas. Francis Galton (1822-1911), que defendía o estudo sistemático da problemática psicolóxica e que sentou as súas bases, foi o seu iniciador. O diagnóstico psicolóxico pode aplicarse de diferente maneira: preparación e regulación de medidas destinadas a producir un cambio de conduta na que o ensino, a aprendizaxe ou o asesoramento poden influír nos cambios de determinadas disposicións individuais, selección e clasificación pola que debe decidirse se un suxeito pode ser admitido ou non nun “determinado esquema de tratamento” (treatment ‘escola’) previamente dado, ou ben en cál dos distintos tratamentos posibles debe ser remitido para acadar un maior éxito; investigación científica, as pecularidades que se detecten nos diagnósticos psicolóxicos poden ser importantes para o desenvolvemento de teorías psicolóxicas e os test como medios auxiliares do psicodiagnóstico.