diamagnetismo

diamagnetismo

(< dia- + magnetismo)

s m [FÍS]

Propiedade dos materiais pola que se magnetizan debilmente en sentido oposto ao campo magnético aplicado; dise que estes posúen susceptibilidade magnética negativa. Cando a unha substancia se lle aplica un campo magnético, ao movemento natural dos seus electróns ao redor do núcleo se lle superpón un movemento de precesión dos mesmos electróns ao redor da dirección do campo aplicado, de xeito que se orixina un campo magnético oposto ao campo aplicado. Como consecuencia o corpo queda imantado en sentido oposto ao indutor. É unha forma débil de magnetismo presente en todos os materiais, aínda que pode quedar enmascarada por outras formas máis fortes.

Confrontacións

paramagnetismo

Palabras veciñas

dialoxita | dialtea | diamagnético -ca | diamagnetismo | Diamant | diamantado -da | diamantar