diapausa
diapausa
(
s
f
[BIOL]
Letargo ou parada no desenvolvemento dun organismo durante a estación fría, as máis das veces, produto dunha adaptación da especie a condicións de alimentación ou temperatura adversas. Tamén pode constituír nalgúns insectos, de producirse unha vez completado o desenvolvemento larvario, unha adaptación para sincronizar a aparición dos adultos de toda a poboación, o que favorece a coincidencia dos sexos.