Días de Ocio

Días de Ocio
[PUBLIC]

Revista editada por Génese Comunicación y Publicidad en Vigo a partir do 25 de decembro de 1995. Titulouse inicialmente como 7 Días de Ocio. Dirixida por Javier Cea, contaba cun consello de redacción formado por Cora Peña, Carmen Gutiérrez, José Páramos, César F. Tejedor, Arturo Enríquez e Alfonso Fernández, entre outros. Incluíu información sobre televisión, espectáculos, literatura e música, ademais de recomendacións cinematográficas e a programación de Telecidade.