diasceva

diasceva

(

s f [LIT]

Reelaboración á que os autores gregos sometían as obras dramáticas ou poéticas que resultaran perdedoras nos certames aos que se presentaran. A fase de revisión adoitaba recaer en correctores e non nos mesmos creadores, polo que na nova versión eran frecuentes os cambios e os erros. Este feito provocou que Licurgo ordenase que se depositasen no templo de Dionisios en Atenas unha copia aprobada polo propio autor de cada obra elaborada para preservar o texto orixinal.