diastrofismo
diastrofismo
(< diastrofia + -ismo)
-
s
m
[XEOL]
Conxunto de fenómenos que provocan grandes variacións e deformacións da codia terrestre. Este termo foi proposto por J. W. Powell no s XIX. Posteriormente, G. K. Gilbert desenvolveu o concepto ao diferenciar dous tipos de diastrofismo: a oroxénese, conxunto de movementos que dan lugar a unha cordilleira, e a epiroxénese, movementos de descenso e elevación que afectan a amplas áreas continentais.
-
s
m
[XEOL]
Efecto dos fenómenos do diastrofismo.