diátese
(< lat diathĕsis < grδιά0εσις ‘disposición’)
-
[PAT]
-
s
f
Condición do organismo, conxénita ou adquirida, que predispón a unha enfermidade ou a un tipo de enfermidades.
-
diátese exsudativo-linfática
Propensión a padecer procesos exsudativos cutáneos, hiperplasia e inflamacións mucosas.
-
diátese hemorráxica
Tendencia anormal ás hemorraxias.
-
diátese neuropática
Propensión á inestabilidade nerviosa e psíquica.
-
s
f
-
[PAT]
-
s
f
Conxunto de afeccións diferentes que afectan a un individuo e que teñen unha causa común; xeralmente son trastornos de nutrición.
-
diátese artrítica
Enfermidade atribuída a deficiencias nutricionais e que se manifesta con ataques de gota, obesidade ou litíase.
-
s
f
-
s
f
[LING]
voz.
-
s
f
[LING]
Correspondencia que se dá entre argumentos e funcións sintácticas. Por exemplo, nas seguintes construcións temos diferentes diáteses co mesmo número de argumentos pero diferentes correspondencias entre argumentos e funcións sintácticas: Ela esqueceu o libro (Sux-CD), A ela esqueceulle o libro (CI-Sux) e Ela esqueceuse do libro (Sux-Cprep). Neste caso a diferente diátese asóciase á diferente forma de predicado esquecer/esquecerse. Outras veces, as diferencias de diátese poden deberse a unha variación no número de argumentos. Por exemplo, en Afastábanse as posibilidades de chegar a un acordo e As discrepancias afastaban as posibilidades de chegar a un acordo, o verbo con se selecciona un argumento e o verbo sen se, dous. Pode dicirse que a diátese básica de afastar é a construción transitiva (con dous argumentos) e que a forma con se permite reducir, xa nunha construción intransitiva, a un o número de argumentos. Esta última diátese denomínase recesiva (por reducir os argumentos) ou decausativa (por omitir o argumento causante de que se afaste algo).