Díaz de Guitián
Díaz de Guitián
[HIST/HERÁLD]
Liñaxe que se estableceu en Sarria e Monforte de Lemos. As súas armas traen un escudo partido: primeira partición, de ouro, cunha banda de goles engulida nunhas bocas de dragóns de sinople, con catro follas de figueira, dúas no alto e dúas no baixo; segunda partición, de sinople, cun castelo sobre unhas ondas de mar, de azul e prata, e dúas sereas arrimadas a ambos os flancos do castelo; bordo de ouro, con catro follas de figueira alternando con outras tantas cruces planas de goles. Outra variante leva en campo de ouro, unha árbore de sinople, no flanco destro, cun lobo pasante, de sable, detrás da árbore; e unha torre coa súa homenaxe no flanco sinistro, sobre un terrazo de sinople, cun regato que brota ao pé da árbore.