ditióptero -ra
ditióptero -ra
(< dictio- + -ptero)
-
adx
Relativo ou pertencente aos ditiópteros.
-
s
m
[ANIMAL/ENTOM]
Insecto da orde dos ditiópteros.
-
s
m pl
[ANIMAL/ENTOM]
Orde de insectos caracterizados por presentar o aparato bucal mastigador, as antenas xeralmente filiformes, tarsos de cinco artellos e as ás anteriores eritroides, e poñer os ovos en ootecas. Divídese nas subordes dos mantoideos, ao que pertencen as barbantesas, e na dos blatáridos, que engloba as cascudas.