diencéfalo

diencéfalo

(< dia- + encéfalo)

s m [ANAT]

Estrutura que constitúe o cerebro medio, situada entre os hemisferios cerebrais e o tronco do encéfalo. A través del pasan a maioría de fibras que se dirixen cara ao córtex cerebral. É o encargado de controlar e coordinar as emocións e moitos movementos automáticos. Os seus compoñentes son: o tálamo, o epitálamo, o hipotálamo e o subtálamo.