2 dieta
(
-
s
f
[POLÍT/HIST]
Asemblea política de carácter lexislativo e deliberativo que se reunía no Sacro Imperio, Polonia, Dinamarca, Hungría, Croacia, Suecia e na Confederación Helvética. A dieta xermánica era de orixe carolinxia, e convocábaa o emperador do Sacro Imperio, quen debía ratificar as súas conclusións. Desapareceu en 1806, pero en 1814 restableceuse en Frankfurt co nome de Bundesrat, ata 1866; desde 1871 chamouse Reichstag. A dieta polonesa inaugurouse en 1331, regulouse no 1468, e só estaba composta por nobres. A dieta danesa, de carácter inicialmente aristocrático, democratizouse despois da derrota de 1813 e da revolución de 1848. Os estados do Imperio austríaco elixiron, cada un, desde 1860, unha dieta que se ocupaba de todos os asuntos non reservados ao goberno central de Viena ou Budapest. A dieta sueca, fundada en 1345, obtivo grandes poderes no 1719, pero en 1772 Gustavo III reduciulle as prerrogativas. A primeira dieta da Confederación Helvética convocouse en 1481. Ocupábase dos asuntos confederados pero respectaba a autonomía cantonal. Disolta en 1797, foi restablecida por Napoleón I en 1803.
-
s
f
[POLÍT]
Xunta ou congreso no que certos estados confederados deliberan sobre as cuestións que lles competen.