difteria

difteria

(

  1. s f [PAT]

    Enfermidade epidémica, infecciosa e contaxiosa, producida polo Corynebacterium diphtheriae ou bacilo de Klebs-Löffler. Afecta sobre todo aos nenos de un a cinco anos, e predomina no inverno. Caracterízase pola formación de pseudomembranas fibrinosas, localizadas na larinxe, e que poden ser causa de morte por asfixia. As alteracións xerais como a febre, a astenia, a anemia e a parálise, prodúcense pola liberación das toxinas bacilares. O tratamento faise co soro antidiftérico, perfeccionado polo biólogo Ramon Gaston Léon, e con antibióticos. Era unha doenza mortal nun gran número de casos, pero está practicamente erradicada grazas á vacinación, que é obrigatoria desde 1943.

  2. s f [PAT]

    Doenza típica dos paxaros, agás os acuáticos, que consiste na aparición de membranas falsas nas mucosas, sobre todo na mucosa farínxea. Os síntomas son febre, dispnea, inapetencia, tose e ronquido nasal. Esta enfermidade atácase por medio da vacinación específica.