difusor -ra
(< lat diffusōre)
-
adx
Que difunde.
Ex: Os xornais actúan como difusores de novas.
-
s
Persoa que difunde algo.
Ex: Pola gravidade do tema non se desvelou o nome do difusor da noticia.
-
s
m
[FÍS/TECNOL]
Dispositivo onde se desacelera unha corrente de fluído, a fin de conseguir un aumento brusco da presión. Desta maneira recupérase en forma de presión unha parte da enerxía cinética que ten o fluído despois de efectuar un traballo, e aumenta o rendemento do aparato. É un elemento moi empregado, entre outros, nas turbinas, nos compresores e nas bombas.
-
s
m
[IND/ESPECT]
Obxecto ou dispositivo destinado a modificar a distribución espacial do fluxo luminoso dunha fonte, baseándose no fenómeno da difusión.
-
s
m
[TECNOL]
Peza en forma de anel que vai aparafusada ao pozo do carburador. Ten como finalidade formar un estreitamento que aumente a velocidade do aire e, pola depresión creada, aspirar a gasolina polos orificios do surtidor que hai no punto máis estreito do difusor.
-
s
m
[IND/ARTE]
Material que se emprega para suavizar a luz que pasa atravesándoo.
-
s
m
[IND/TECNOL]
Depósito no que se extrae o zume sacarino da remolacha.